Eventos
AXUDAS INDIVIDUAIS PARA PERSOAS CON GRAVES PROBLEMAS DE MOBILIDADE
Data do evento: 29/09/2017 ata 29/10/2017
Lugar: REXISTRO XERAL DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ver máis datas do evento
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas empadroadas e residentes no Concello de Santiago de Compostela, que teñan recoñecida unha discapacidade que afecte gravemente a súa mobilidade impedíndolles ou dificultándolles gravemente a utilización dos transportes públicos colectivos, así como as persoas que teñan recoñecida una discapacidade visual que implique un grao de limitación na actividade igual ou superior ao 75 %, tal como dispón o artigo 32.2 da Lei 10/2014, do 3 decembro, de accesibilidade.
Documentación relacionada