Formación
Aberto prazo inscrición proxecto “Medrando: Obradoiros de Emprendemento”
Prazo de inscrición: 26/02/2010 ata 08/03/2010
Lugar: Avenida de Lugo, nº 219, baixo
Observacións: Enviar formulario de solicitude axunto, ao enderezo de correo electrónico plataformaemprego@gmail.com, ou por Fax ao número 881 957 452
Ver máis datas do evento
A Asociación Plataforma polo Emprego abre o prazo de inscrición para participar no proxecto de creación de empresas e emprendemento: “Medrando: Obradoiros de Emprendemento”.
O proxecto estructúrase en 10 sesións formativas grupais de 2 horas de duración cada unha, máis as correspondentes sesións de titorización individual dos proxectos empresariais.
A convocatoria vai dirixida ás persoas que presenten un perfil emprendedor e que estean interesadas en acceder ao mercado laboral mediante a creación da súa propia empresa.