Axenda

Eventos

Charla Katorce-18

Prazo de inscrición: 20/05/2014 ata 26/05/2014
Lugar: ise@santiagodecompostela.org

flecha Ver máis datas do evento


Desde o Programa Municipal Socioeducativo programase a charla “Obradoiro Katorce-18”, co obxecto de incrementar as competencias e destrezas das persoas participantes na área educativa, e previr situacións de risco social.

O Programa KTORCE-18 pretende informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores aos pais e nais dos adolescentes, mozos e mozas, co fin de reducir a comisión de delitos nestas idades, polo descoñecemento da Lei ou do contido desta.

Para impartir dito Obradoiro contarase coa participación da Ana Pérez Figueroa, educadora social da entidade Arela.

A charla terá lugar o vindeiro mércores 28 de maio, ás 10:30, na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), ubicada en Salgueiriños.


O prazo de inscrición nesta actividade está aberto do 12 ao 26 de maio de 2014. No caso de ter interese en asistir, remitir un e-mail cos datos identificativos da persoa interesada (Nome, apelidos, DNI e teléfono) a ise@santiagodecompostela.org. O número de prazas é limitado.
Documentación relacionada
Cartel Katorce-18 (pub, 535 kb)

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)