Axenda

ACADAR (ASOCIACIÓN DE MULLERES CON DISCAPACIDADE DE GALICIA)

Eventos

Encontro autonómico, Descubre a nosa realidade!

Data do evento: 29/11/2013
Lugar: A nave de Vidán, Avenida da Mestra Victoria Míguez, 44, Santiago
Observacións: o Encontro contempla o xantar no lugar de celebración do evento, polo que se quedas a comer terás que indicar se tes algunha intolerancia alimenticia.

flecha Ver máis datas do evento


Poñemos no voso coñecemento que a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, ACADAR, está a organizar o Encontro autonómico, Descubre a nosa realidade! co apoio da Secretaria Xeral de Igualdade para o venres 29 de novembro ás 10:30 horas a 19:15 horas en Santiago, no marco das celebracións que esa semana se organizan con motivo do Día internacional da violencia de xénero.

Para participar terás que enviar o teu nome, apelidos e necesidades de apoio ao correo electrónico info@acadar.org

ACADAR a través de este encontro pretende visibilizar ás mulleres con discapacidade galegas e trataremos sobre diversos temas de interese para todas elas.

O evento que está destinado para reunir un total de 60 persoas, mulleres con discapacidade principalmente pero tamén profesionais de distintos ámbitos que tratan no seu día a día ás mulleres, contempla un programa de intervencións e talleres así como o xantar que secelebrará no mesmo local do encontro, en A nave de Vidán, Avenida da Mestra Victoria Míguez, 44, Santiago.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)