Axenda

Servizos Sociais: UTS Fontiñas

Eventos

Programa XUNTOS POLO NADAL

Data do evento: 05/11/2013 ata 24/11/2013
Lugar: SERVIZOS SOCIAIS

flecha Ver máis datas do evento


Apertura de prazo para a participación no programa XUNTOS POLO NADAL (Xunta de Galicia): Dado o carácter familiar que teñen as festas navideñas e tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, a Secretaria Xeral de Política Social convoca un total de 240 prazas para participar neste programa nas residencias de Tempo Libre do Carballiño e de Panxón en Nigrán.

Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2013 e o 2 de xaneiro de 2014. Contempla o aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, durante 11 días (10 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)