Eventos
PROXECTO TROCAME-ROQUE Lugar Area Central as 16,15 horas.
Data do evento: 14/06/2013
Lugar: AREA CENTRAL
Ver máis datas do evento
Convidados tódolos veciños e veciñas a participar e a asistir ao mesmo.
Nenos e mozos entre 8 e 18 anos serán os protagonistas deste mercado, baseado na venda ou no troco de produtos feitos a man por eles mesmos ou artigos de segunda man (cómics, libros, xogos, xoguetes, videoxogos, CDs, DVDs…). Logo, cada posto doará a cantidade que, en conciencia, considere debe achegar a un proxecto solidario do barrio.
Arredor do mercado celebráranse outras actividades. Así, ás 16:30 horas, inaugurarase o evento coa actuación musical do coro de alumnas e alumnos do IES Antonio Fraguas, dirixido polo profesor Carlos Encisa.
Durante a tarde, entre as 17:00 e as 19:00 horas, desenvolveranse diversos obradoiros promovidos pola Cruz Vermella (xogos de grupo dinamizados por voluntariado e obradoiros de manualidades); o Centro de Información á Muller (decoración de bolsas coa temática "Bolsas polo troco"; e pola UMAD (obradoiro de breakdance). Pecharanse as actividades ás 19:00 horas, cunha exhibición de breakdance a cargo da Asociación Vella Escola e dos alumnos da Escola Municipal de Breakdance.