Eventos
23 de abril: Día Internacional do Libro
Data do evento: 23/04/2013
Ver máis datas do evento
Catro museos galegos celebrarán este martes o Día Internacional do Libro cunha experiencia de «bookcrossing», de liberación e intercambio de libros promovida por quinto ano consecutivo polo Artium de Vitoria-Gasteiz e no que participan 56 museos e centros de arte de toda España.
Serán as bibliotecas do Museo das Peregrinacións de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense) e o Museo de Belas Artes Da coruña.