Axenda

Proxecto de apoio ao sector asociativo

Eventos

Aberto o prazo de inscrición para o programa de equinoterapia de Autismo Galicia

Data do evento: 20/02/2013

flecha Ver máis datas do evento


Como cada ano, Autismo Galicia organiza unha viaxe do 18 ao 23 de marzo ás instalacións da Fundación Carriegos en León, na que os participantes poderán realizar terapia con cabalos, entre outras moitas actividades. Nesta nova convocatoria do programa, ofértanse 10 prazas para mozos e mozas a partir de 16 anos que sexan usuarios das entidades federadas.

Ademais da terapia cos animais, os asistentes realizarán outras actividades como obradoiros de manualidades, cociña ou veterinaria, excursións e visitas culturais na cidade de León. Todas estas actividades están deseñadas por monitores especializados, de forma que non só supoñan un tempo de ocio para as persoas con TEA, senón que axuden a desenvolver habilidades sociais e comunicativas e fomenten a creatividade e o traballo en equipo.

Os 10 asistentes irán acompañados por 5 monitores con formación especializada para asegurar en todo momento unha atención individualizada e de calidade durante a viaxe e as actividades.

A equinoterapia e outras actividades enmárcanse no programa de Respiros de Familia da Federación, que proporciona un tempo de descanso moi necesario para os coidadores habituais, ao mesmo tempo que fomenta as relacións sociais e a autonomía persoal.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)