Eventos
Presentación do "Manual para coidadores de Persoas con enfermedad mental" e Ciclo de Cine do Proxecto NISE
Data do evento: 14/02/2011
Ver máis datas do evento
O próximo luns 14 de febrero ás 11.30h terá lugar o acto de presentación oficial do "Manual para coidadores de Persoas con enfermedad mental", elaborado por FEAFES Galicia e editado pola Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal. O manual está deseñado para entregar aos participantes nos Obradoiros que a Dirección Xeral de Dependencia ten previsto impartir a coidadores de persoas dependentes a causa dunha enfermidade mental.
O acto celebrarase na sala de prensa da Consellería de Traballo e Benestar en San Lázaro.
No acto estarán presentes representantes da Consellería de traballo e Benestar, o Presidente de FEAFES Galicia, Xosé Ramón Girón e o Presidente de FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias).
---
No seguinte link encontraredes unha noticia do Ciclo de Cine que se celebra nas principais cidades galegas, co fin de eliminar o estigma asociado á enfermidade mental e que se enmarca nas actividades do Proxecto NISE:
http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/luchar-estigma-enfermo-mental-gran-pantalla/idEdicion-2011-02-06/idNoticia-637168/
Saudos,