Formación
cursos de español e galego para inmigrantes e retornados, organizados pola UAMI do concello de Santiago
Data do curso: 02/11/2010 ata 30/11/2010
Ver máis datas do evento
A UAMI do concello de Santiago organiza dous cursos de galego e dous de castelán para inmigrantes e retornados, que se desenvolverán dende o 2 ó 30 de novembro, de luns a venres, cunha duración de 2 horas diarias por curso. Poderá elexirse entre horario de tarde (na Casa das Asociacións, na rúa Manuel María nº 6) ou de mañá (Centro Sociocultural do Castiñeiriño). Para inscribirse,no tfno. da UAMI: 981 54 24 95 (en horario de 9:00 a 14:00h), ou nas dependencias da UAMI (Rúa Isaac Díaz Pardo 2-4), no mesmo horario.