Eventos
CURSOS DE INGLÉS (NIVEL I- NIVEL II)
Data do evento: 20/09/2010 ata 05/10/2010
Lugar: Cruz Roja Santiago
Observacións: Nestas datas desenvolveranse os dous cursos de inglés (nivel I e nivel II)
Ver máis datas do evento
Prazo de inscrición: 13/09/2010
Lugar: Cruz Roja Santiago
Observacións: Para preinscribirse aos cursos é necesario inscribirse na Cruz Vermella e adxuntar a seguinte documentación:
-Fotocopia de Empadronamento
-Fotocopia do DNI ou NIE
-Fotocopia do Certificado de Minusvalía
-Fotocopia da Demanda de Desemprego
-Fotoc
A través do proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado pola Unión Europea con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do eixo número 5, Cruz Vermella convoca dous cursos de INGLÉS, un de nivel I e outro de nivel II para o mes de setembro.
As persoas destinatarias do proxecto deben estar desempregadas/os e residir nos seguintes barrios de Santiago de Compostela: Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios.
Datas de realización dos cursos:
O curso Inglés nivel I realizarase do 20/09/2010 ao 05/10/2010 de luns a venres de 10:00-11:30h.
O curso Inglés nivel II realizarase do 20/09/2010 ao 05/10/2010 de luns a venres de 12:00-13:30h.
O/A docente dos cursos é nativa e con experiencia en formación.
Ambos cursos teñen unha beca de asistencia á formación de ata 53,43€.
Data límite de inscripción: 13/09/2010 na Cruz Vermella (Avda. Lugo s/n)
Para máis información chamar ao tlfno 981 586 969 ou al e-mail: olmaco@cruzroja.es